Oferta Académica

PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS

Ciclos Formativos

Administración e Xestión

Administración e Xestión

A familia de Administración e Xestión dividiu o campo obxecto de estudo en tres grandes áreas de competencia profesional: Servizos de administración e auditoria, Servizos de información, tradución e interpretación e Finanzas e seguros.

Electricidade e electrónica

Electricidade e Electrónica

A familia profesional de Electricidade e Electrónica abarca un amplo conxunto de actividades produtivas, agrupadas para o seu estudo en tres grandes áreas de competencia profesional: Electricidade, Electrónica e Telecomunicacións.

FIB Informática de Oficina

FIB - Informática de Oficina

A FP-básica é unha vía educativa pensada principalmente para alumnado que non rematou a ESO e prefire unha formación máis práctica orientada a unha profesión. Ao superala, obtense o título de Técnico de grao básico en Informática de Oficina e tamén o título de Graduado en ESO, o que permite continuar estudos de grao medio.


Ensino Secundario e Bacharelato

ESO

ESO

É a etapa que vai dos 12 aos 16 anos de idade. Está estruturada e dividida en catro cursos escolares. En cada un dos cursos combínanse materias obrigatorias con diferentes opcións optativas.

ESA

ESA (Adultos)

A ESPA (Educación Secundaria para Persoas Adultas) constitúe unha opción flexible e adaptada para aquelas persoas maiores de 18 anos que queiran obter o título oficial de Educación Secundaria.

Bacharelato

Bacharelato

Finalizado o bacharelato con avaliación positiva en todas as materias e nos dous cursos correspondentes á modalidade elixida, obtense directamente o título oficial de bacharel.